O mércores, 19 de xuño, tivo lugar a primeira xuntanza para analizar as bases das convocatorias das escalas de Enxeñeiros/as técnicos agrícolas, Axentes facultativos medioambientais (libre e integración) e Delineción.

A data de remate de recollida de alegacións das Organizacións sindicais fixouse para o martes 25 as 15:00, así que aqueles que o desexedes podedes facer todos os vosos comentarios e achegas antes do martes para que nos dea tempo a analizalas e organizalas.

Con respecto as alegacións:

Axentes medioambientais

  • Tomaron nota e pareceron proclives a axeitar as preguntas e características das probas aos exames anteriores.
  • Posiblemente sexa a última oportunidade de integración neste nova escala para a escala de axentes forestais, aínda que a lei permitelle unha máis.
  • Estudiarán o do carnet de conducir para reducilo a A2 (motos de menor cilindrada), houbo debate se se utilizaban motos ou non.
  • Demandouselle que a xente que aprobe por promoción interna non teña obrigatoriamente que quedarse na mesma praza.
  • Rexeitaron a posibilidade de facer un proceso de concurso-oposición ligado soamente ao C2. A Administración vai fixar o acceso de oposición libre en todos os casos e non fará distincións.
  • Aclarorou que a integración só será para o personal da escala de axentes forestais como recoñece a Lei de creación da escala, pois no texto non quedaba moi claro.
  • Tomou nota para estudiar a posibilidade de que a 1ª proba, sexa a física.
  • A proporción de promoción interna reducena ao 25% polo efecto da integración da escala de axentes forestais.
  • Houbo un par de alegacións referentes a esixencia de requisitos habilitantes para licenza de armas (básicamente psicotécnico e certificadode penais), e por outro lado a habilitación de BTP.


Enxeñeiros Técnicos Agrícolas

  • Incrementan as 10 prazas da primeira convocatoria a 12 (pois había doce casos a consolidar e está permitido pola tasa de reposición da lei orzamentos).
  • No proceso de consolidación teñen que reservar obrigatoriamente prazas para a promoción interna; tamén o fixeron nas outras consolidacións (pero ás veces ían en convocatorias separadas).
  • Reclamamos un exame práctico máis obxectivo (tipo test) , pero  parece que non quere ir por ahí e defenden a "independencia" do tribunal.


Delineantes

  • Detectanse certos problemas coas titulacións requeridas

    En xeral houbo novamente discusión polo da puntuación do personal laboral (independente da súa situación contractual) para os procesos de consolidación. Novamente remitíronse a Lexislación Europea que se sobrepón a Española neste eido (Directivas da Comisión). Haberá que míralo xuridicamente a fondo.