Unha vez resolto o concurso de traslados correspondente, achéganos Función Pública a listaxe de postos que se lles van a ofertar na elección de destino definitivo ao persoal funcionario das escalas do servizo de Gardacostas de Galicia que levan en destino provisional desde o ano 2004. Van separadas en dous grupos: os postos para os subgrupos A1-A2 (Inspección) e os correpondentes aos subgrupos A2-C1(Subinspección, Patrón/a, Mecánico/a, Vixilante-Mariñeiro/a).

Dannos de prazo ata o martes, 2 de xullo, para facer alegacións. O acto de elección de destino está previsto o 12 de xullo. A toma de posesión efectiva será conxunta para as persoas do concurso e as da toma de posesión, similar a cando aconteceu co persoal veterinario. Esta toma vaise efectuar despois de agosto.