No DOG do 09/07/2013 publicase a convocatoria para un dos actos de elección de destino definitivo máis agardados: a do persoal funcionario do Servizo de Gardacostas que superou os procesos selectivos convocados polas ordes do 29 de novembro de 2001. As persoas que superaron estes procesos foron nomeadas funcionarios no 2003 (sí, 2003, non é unha errata). Polo camiño e ata actualidade  pasouse polo medio dun proceso de integración nas novas escalas de persoal funcionario do Servizo de Gardacostas.

A convocatoria é conxunta para as tres escalas (inspección pesqueira, técnica de vixilancia pesqueira e subinspección pesqueira), establecéndose que elixirán destino definitivo pola mesma orde seguida na elección de destino provisional, e terá lugar no salón de actos numero 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 12 de xullo de 2013, ás 11.00 horas.