Na Mesa Xeral do venres 12 de xullo trataronse unha serie de bases de procesos selectivos. Están pendentes da aprobación definitiva na Comisión de Persoal do martes 16 de xullo, e contamos que nuns 10 días estean publicados no DOG. Estes foron os procesos:

  • Escala de axentes facultativos medioambientais, C1.
  • Integración na escala de axentes facultativos medioambientais, C1, dos axentes forestais C2.
  • Escala de finanzas, A1.
  • Escala técnica de finanzas, A2.
  • Escala de delineantes, C1.
  • Consolidación de enxeñeiros técnicos agrícolas, A2.
  • Consolidación da escala de estatística, A1.
  • Escala de estatística, A1.

As alegacións foron similares ao xa dito para o anterior lote de procesos selectivos. O asunto xa foi tratado polo miudo nas xuntanzas previas e nas alegacións escritas que presentamos, así que nos limitamos a facer referencia ao xa dito e subliñar que demandamos o concurso-oposición, promoción interna real e separada, e:

- Nos procesos de consolidación queremos saber en virtude de que norma legal adoptan a decisión de valorar outros méritos distintos aos que son obxecto da convocatoria. Mentres non nos faciliten esa norma que lles obriga, non aceptamos a súa aplicación. E caso de que si exista dita norma, queremos abrir unha negociación. En todo caso, non aceptamos a súa aplicación cando nin se trata dunha Directiva nin dunha Recomendación europea, senón de apreciacións subxectivas desta Administración sobre este asunto.

- No caso do proceso de axentes facultativos medioambientais, como nos demáis procesos tamén pedimos o concurso-oposición, pero neste caso hai unha circunstancia distinta: non existe persoal interino no mesmo subgrupo C1 pero si existen no subgrupo C2. E como nesta escala hai un proceso de integración de C2 en C1, queremos que a fase de concurso sexa de aplicación ao persoal interino do grupo C2.

Para rematar, informa Función Pública que:

- Nos procesos en que sexa necesaria calculadora, será o Tribunal quen facilite unha.

- Van reconsiderar o requisito de carné de conducir A para os procesos en que se lles pide.