Dentro da campaña de recollida de sinaturas levada a cabo pola Plataforma galega en Defensa dos Servizos Públicos, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais porán diversas mesas nos centros de traballo para achegar a proposta ás traballadoras e traballadores públicos.

  • Mércores, 9 de outubro, de 10:00 a 13:00h, en San Caetano haberá dúas mesas: na entrada da Consellaría de Facenda e na entrada da Consellaría e Benestar.
  • Xoves, 10 de outubro, ás 11:30h, en San Caetano (fóra do recinto), e concidindo coa concentración diante da consellaría de Presidencia.
  • Venres, 11 de outubro, de 9:00 a 12:00 en San Lázaro, na entrada da Consellaría de Sanidade.

As distintas centrais presentes nos órganos de representación tamén difundiron a campaña por correo electrónico animando á xente a participar e recoller sinaturas no seu servizo ou unidade achegándoa ás mesas ou a calquera local sindical. Do mesmo xeito, póñense a disposición igualmente para pasar a recoller as follas de sinaturas aló onde pola distancia aos centros principais de traballo dificulte a súa labor de achegamento.