Inicio
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26)

O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible.

Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo coas traballadoras que despois de un mes, continúan a loitar para ser cesadas (e así acceder ás listas de contratación) ou ...


Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo 

A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa xestión. A Escola tenta silenciar as críticas mediante continuas interrupcións e increpacións, restricións das intervencións, ...


Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel outono cálido e seco que prolongaría o risco de lumes forestais. 

Convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo de ...


Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila.

Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando menos terá que esperar a que se abra novamente o prazo de solicitude do Fondo de Acción Social (FAS) para que poida ...


Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.

Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez conseguida a aclaración do departamento de Emprego público, a causa é que o tempo en redución de xornada por conciliación ...


Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral

A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os prazos, a atención ao alumnado e a calidade da formación.

Na primeira xuntanza para negociar as condicións laborais do ...


Xoves, 10 Setembro 2026

A Xunta fai propaganda das unidades de elite mentres abandona as condicións de traballo do conxunto do persoal axente ambiental

Reclamamos que a conselleira de Medio Ambiente negocie xa, nas mesas, a mellora das condicións laborais cun acordo marco que abranga  todo o persoal axente ambiental
 
A CIG considera positivo que a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático dote de formación e medios especializados o persoal axente ambiental  da nova Unidade de Investigación de Conservación da Natureza (UICON), pero critica que a presentación desa unidade se empregue para proxectar unha imaxe de excelencia mentres se ...


Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornada

A CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de linguaxe administrativa galega e de linguaxe xurídica galega (LAG/LXG) da EGAP iniciados o 1 de setembro.

Cada lingüista ...


Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala de auxiliar de coidadores, subgrupo C2, é polo que se lle solicita que se envíe coa maior brevidade posible copia...".

...
Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos

Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT

O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean persoal laboral fixo na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, ...


Mércores, 12 Agosto 2026

A Xunta chama «absentismo» ao colapso do Sergas

Galiza non ten unha taxa de baixas superior á doutras comunidades, senón unha duración media das incapacidades temporais desproporcionada, debido ás listaxes de agarda do Sergas, que bloquean as recuperacións; motivo polo que a CIG esixe a derrogación de calquera medida penalizadora da incapacidade temporal do persoal empregado público e o reforzo da atención sanitaria pública 

Dende a CIG queremos agradecerlle publicamente á Xunta de Galiza o seu esforzo pedagóxico tratando de convencernos ...


As empregadas e os empregados públicos que dependemos da Xunta de Galicia manifestamos que estamos en contra de todas ás políticas continuistas que dende o ano 2009 manteñen tanto o Goberno Central, como o Goberno da Xunta de Galicia no sector dos Servizos Públicos, que o único que provocan é a desaparición dos mesmos, agravando aínda máis a profunda crise económica na que nos atopamos inmersos, precarizando as condicións laborais dos seus traballadores/as e provocando máis paro no sector público e aumentando a carga de traballo coa non reposición de profesionais co único fín de eliminar o sector público  facendo desaparecer servizos públicos.

DECIMOS NON:á taxa cero de reposición, á conxelación salarial e ao recorte das nosas pagas extras. Non a privatización dos servizos públicos. Non ao aumento da xornada laboral. Non aos descontos por baixas médicas. Non a destrucción de emprego público e a desaparición de Servizos Públicos.

É por iso , que as empregadas e empregados públicos, SOLICITAMOS e DECIMOS SI:

  • Si ao fomento de emprego público estable e de calidade.
  • Si á recuperación do poder adquisitivo perdido
  • Si á recuperación integra das pagas extras
  • Si á recuperación de todos os dereitos laborais
  • SI Á DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

É responsabilidade da Administración a salvagarda dos Servizos Públicos e dos seus traballadores e traballadoras. Esa responsabilidade tamén a ten o grupo parlamentar do PP no Parlamento Galego e Parlamento Español, como responsable último da aprobación de todas estas medidas.

Polo tanto, nese sentido, faise esta recollida de sinaturas para facerlle chegar as persoas responsabeis administrativas e  políticas, o malestar das empregadas e dos empregados públicos que dependen da Xunta de Galicia , e as súas xustas reivindicacións.