No DOG do 29 de xaneiro de 2014 ven de publicarse unha resolución pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

As listaxes de aspirantes admitidos poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estarán á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

Os aspirantes excluídos, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.