No DOG do 18/02/2014 publícanse o nomeamento dos tres primeiros tribunais do lote de procesos selectivos convocados en xuño-xullo do 2013: escala de inspección urbanística A1, escala de subinspección de consumo C1 e escala superior de estatística A1.

E que pasa co resto?  No que queda de mes publicarase o nomeamento dos distintos tribunais dos procesos de libre convocados en xuño-xullo do 2013. Hai 15 días para constituir estes tribunais e nese prazo irán sacando tamén as datas provisionais do 1º exame (que aínda non avanzan); ou sexa que a mediados de marzo poderían ser públicas estas datas no web da Función Pública. Tratamento separado leva a convocatoria dos procesos de axentes medioambientais que foi publicada en outubro e que vai ir máis tarde (non concretan).

Outra cousa diferente son os procesos non convocados: recordamos que o director xeral da Función Pública falou de convocar primeiro algunhas pequenas escalas que restan (minas, bibliotecas e arquivos A1 e A2) e despois a promoción "eterna" da que xa falan de convocala neste "semestre", non neste "trimestre". Dos procesos de persoal laboral, nin tan sequera hai unha data aproximada.