Este é o cronograma facilitado pola Administración para:

- Procesos selectivos de consolidación de persoal laboral.

- Concursos de traslados de persoal laboral.

- Concursos de traslados de escalas.


Procesos selectivos de consolidación (1ª e 2ª parte):

•    Grupo V:

o    Segunda quincena de outubro: envío do borrador das bases a sindicatos e reunións previas.
o    Primeira quincena de novembro: negociación en Mesa e Comisión.
o    Segunda quincena de novembro: publicación da convocatoria.

•    Grupos I a IV:

o    Novembro/decembro: envío do borrador das bases a sindicatos e reunións previas.
o    Xaneiro/febreiro: negociación en Mesa e Comisión, e publicación da convocatoria.



Concursos de traslados de persoal laboral:

•    Grupo V:

o    Segunda quincena de outubro: envío do borrador das bases a sindicatos e reunións previas cos sindicatos.
o    Primeira quincena de novembro: Comité Intercentros e Comisión Paritaria.
o    Segunda quincena de novembro: publicación da convocatoria.

•    Grupos I a IV:

o    Novembro/decembro: envío do borrador das bases a sindicatos e reunións previas.
o    Xaneiro/febreiro: Comité Intercentros e Comisión Paritaria, e publicación da convocatoria.



Concursos de traslados de escalas de administración especial:

•    Escalas que se convocarían:

o    Axentes do servizo de gardacostas.
o    Executiva do servizo de gardacostas.
o    Técnica do servizo de gardacostas.
o    Axentes de extensión pesqueira.
o    Delineantes.
o    Arqueólogos.
o    Enxeñeiros técnicos topógrafos.
o    Enxeñeiros de telecomunicacións.

•    Cronograma:

o    Segunda quincena de outubro: envío do borrador das bases a sindicatos e reunións previas cos sindicatos.
o    Primeira quincena de novembro: negociación en Mesa e Comisión, e publicación da convocatoria.