Tras estas eleccións de destino definitivo queda desbloqueada a publicación da orde de toma de posesión conxunta coas persoas que obtiveron posto no último concurso de traslados de corpos xerais.

O martes, 25 de marzo, era a data anunciada xa desde onte no web de Función Pública e corraborada coa publicación no DOG de hoxe, xunto cos postos ofertados. Unha cartacterística xeral destes actos é a falta de oferta, sobre todo para o A2 no que escasean os postos en Santiago de Compostela e abundan os periféricos en pequenas localidades. Esto non é máis que o reflexo da política de amortización seguida pola xunta durante os últimos anos que afectou tamén á subida de cotización dos postos de nivel no concurso.

 

Por outra banda, no web de Función Pública existen as seguintes notas a ter en conta á hora de cubrir determinados postos:

  • O persoal funcionario que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión da formación de nivel intermedio de riscos laborais, deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. Dita certificación será expedida pola Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais (edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela) previa presentación dos diplomas ou títulos que xustifiquen a formación
  • O persoal funcionario que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión das especialidades do título de técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais que constan como requisito imprescindible no anexo desta orde, deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. Dita certificación será expedida pola Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais (edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela) previa presentación dos diplomas ou títulos que xustifiquen a formación