Achéganos a Administración os borradores de varios procesos selectivos de corpos especiais da OPE 2011 e OPE 2013 de inminente convocatoria: A1) Enx. Minas, Enx. Telecomunicacións, Arqueoloxía, Arquivos e Bibliotecas, A2) Enx. Téc. Minas, Arquivos e Topografía (Proceso selectivo extraordinario de consolidación).

A primeira reunión de negociación terá lugar na Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal o xoves, 27 de marzo.