O 27 de marzo tivo lugar unha reunión entre Función Pública e as organizacións sindicais por mor do estudo e debate da futura convocatoria para proveer prazas das escalas especiasis da OEP do ano 2011: A1) Bibliotecas, Minas, Arquivos, Telecomunicacións e Arqueoloxía; A2) Bibliotecas e Minas; e acumulada da OEP 2011-2013: A2) Topógrafía.

As ideas expostas por parte da Administración foron básicamente:

  • Elaboración das bases nos mesmos términos que as anteriores convocatorias.
  • Aumento da Promoción Interna, ata cerca do 50% nalgúns casos.
  • As prazas de persoas con discapacidades que non se cubran non se van a poder incorporar a fase de Libre, e terán que reservarse para a seguinte convocatoria. Esto ven pola marcado pola propia oferta.
  • Servizos prestados en outras Administracións: poderánse ter en conta para a praza de consolidación de Topógrafo (ao igual que nas anteriores convocatorias), por mor da lexislación europea.
  • Queren ter pronto as nosas alegacións (fan fincapé na dos temarios, que son as que teñen que trasladar aos servizos técnicos de cada consellería) e para iso nos dan de prazo teórico ata o martes día 1 ás 15:00 horas.

A falta de presentar alegación completas por escrito, desde a CIG fixemos fincapé no seguinte:

  • Necesidade dunha promoción interna separada
  • Concurso-oposición para as probas
  • Só puntuación dos servizos prestados nas Administracións galegas
  • Concreción dos temarios a nivel lexislativo
  • Que o exame de galego sexa obrigatorio ou como mínimo un dos exámenes en galego
  • Problemática das titulacións de arqueólogos, bibliotecas e arquivos
  • Que non se amortizen as prazas que quedan vacantes da quenda de persoas con discapacidades
  • Aumento das prazas convocadas se existen máis vacantes (xa dixeron que non)
  • Aumentar a puntuación do primeiro exercicio test, por ser máis obxectivo
  • Baremación equitativa do Tribunal en todas as probas e fixación racional e non aleatoria do número de aprobados.