Acheganos Función Pública o borrador da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso nas escala de letrados/a.  Son un total de 6 prazas correspondentes á OPE 2013. Haberá unha primeira reunión xoves, 10 de abril, nas dependencias da Subdirección Xeral da Provisión de Postos e Selección de Persoal.

Segundo información facilitada polo director xeral de Función Pública, detrás do borrador da convocatoria desta escala viría a convocatoria dos proceseos de promoción interna de corpos xerais. Mesmo recentemente confirmou que recibiríamos estes borradores no mes de abril. Xa son moitas as promesas incumpridas, co que contemplamos con cautela estas palabras. Recordamos que estes procesos de promoción interna veñen acumulados da OPE de 2009, 2011 e 2012.