Achegounos Función Pública o borrador do listado de prazas vacantes para ofertar aos funcionarios e funcionarias que están en destino provisional en postos das escalas de informática  (sistemas e tecnoloxía da información, A1; xestión e sistemas de información, A2; escala técnica de auxiliar de informática, C1), resultado das convocatorias dos procesos selectivos derivados das ofertas de emprego público dos anos 2009 e 2011.

Convidámosche a que o descargues, revises e nos informes de calquer anomalía no enderezo autonomica@cigadmon.gal. Temos de prazo ata o mércores 23 de abril.