O 6 de maio houbo unha reunión informativa sobre os últimos cambios nos borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1) Minas, Telecomunicacións, Arqueoloxía, Bibliotecas, Minas , A1) Escala de Letrados/as e A2)  Minas, Bibliotecas e Topógrafía.

Os borradores irán á Comisión de Persoal que terá lugar o xoves, 8 de maio. Sairán publicadas no DOG previsiblemente para a semana e os primeiros exercios non serán antes do 15 de setembro se ben Función Pública adiantounos que previsiblemente serán a finais deste ano ou principio do que vén. Tras a publicación destas convocatorias insitiron que continuarán coa negociación dos borradores da promoción interna de corpos xerais.

Comezamos a reunión coa discusión do borrador da Escala de Letrados/as, coa asistencia especial dunha representante da Asesoría Xurídica Xeral para defender o borrador pois este centro é o responsable da súa elaboración (a diferenza de todos os demáis). Fixemos varias observación sao borrador. A máis importante radicaba na ausencia de cota de persoas discapacitadas na convocatoria, algoque foi defendido por Función Pública como que a asignación de prazas de persoas discapacitadas faise en conxunto da OPE e Función Pública decide onde se fai esta reserva (parece ser que na escala de letrados non).

No bloque das convocatorias de Corpos Especiais ratificaron as alegacións aceptadas sobre todo a nivel de temarios e a titulación necesaria para Arqueoloxía.

Houbo un intenso cambio de pareceres de como mellorar o tema das notas de corte sobre todo referidas aos tests e a transparencia da corrección das probas máis obxectivas (prácticos), pero non deron lugar a ningún cambio nas bases.

Van a intentar recoller algunha alegación máis sobre temarios en Minas e Arquivos pero estarán ao que digan os servizos técnicos das consellaríás. Tamén fixemos unha aclaración a titulación requerida de Arqueoloxía tanto no referido a titulación específica como o do Grao xenérico.