A pasada semana, a CIG esixíulle a Función Pública unha explicación sobre o acontecido no proceso selectivo para o acceso ao grupo C1 (libre) e demandoulle abrir unha investigación, adoptar as medidas oportunas para esclarecer os feitos e depurar responsabilidades si as houbese. Ante isto, Función Pública decidíuse a abrir a investigación que será levada a cabo polos inspectores da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.  Cabe incluso a posibilidade de que no segundo exame participe o tribunal suplente de cara a garantir a claridade e imparcialidade no proceso.

Aos datos xa coñecidos por todos queremos aportar outro novo: a "casualidade" de que os opositores que sacaron a 3ª e 4ª mellor nota, e teñen distinto apelido, foron compañeiros na empresa Martinez-Otero Gestión S.L.