Na Mesa Xeral de Negociación de Empregadas/os Públicas/os do luns 30 de xuño, o Director Xeral da Función Pública anunciou que entre o mesmo día, luns 30, e o martes 1 de xullo, achegarían, POR FIN, os borradores das bases das convocatorias de promoción interna de persoal funcionario, correspondente a todas as ofertas de emprego que están pendentes.

Como xa estamos fartos de adiamentos, a CIG non pon a man no lume de que vaia ser así. Queremos confiar, e agardamos a recibir os borradores.

Pero con esto non remata o proceso: unha vez que teñamos os textos, agardamos que as xuntanzas para negociar as bases non vaian para lonxe. E para entón xa veremos cal é a vontade real da Administración de negociar ou impoñer as bases.