Despois de insistirlle mes a mes, ano a ano, que tiña que convocar a Promoción Interna, por fin, na Comisión de Persoal do luns 30 de xuño, o director xeral da Función Pública anunciou que enviarían os borradores dos procesos.

Dende a CIG insistimos en que tiña que convocar a totalidade das prazas que se contemplaban nas Ofertas de Emprego Público dos anos 2009, 2011 e 2012, que están sen executar.
Anúncianos que convocarán a Promoción Interna de Corpos Xerais que ascende a un total de 320 prazas desglosadas do seguinte xeito:

  • A1- 50 prazas
  • A2- 40 prazas
  • C1- 80 prazas
  • C2- 150 prazas

Coméntanos que as probas serán do mesmo tipo que nas últimas convocatorias dos procesos libres coa diminución de temarios e probas habitual, aínda que nos borradores que nos envían isto se corresponde coas probas libres.

Informa tamén que a fase de concurso terá unha puntuación de 39,5 puntos, próxima ao 40% que se establece para estes casos sobre o conxunto da puntuación. Tamén se valorarán como mérito os servizos prestados noutras Administracións Públicas, cousa pendente de estudar se ao omitilo non se vulneran as sentenzas que dictan o contrario. Convócanos para unha reunión inicial o venres 4 de xullo e dí que haberá prazo ata o mércores 9 para presentar alegacións ás bases.

Aquí tes as bases para descargar. Se queres aportar algo, faino ao correo autonomica@cigadmon.gal