Despois de sair nos medios anunciando unha Oferta de Emprego para reforzar os órganos especializados da Administración e da Axencia Tributaria de Galiza, atopámonos cunha anoréxica OEP onde só ofertan 53 prazas.

Hai que lembrar que a OEP 2013 foi de 47 prazas, co que anunciar a do 2014 a bombo e platillo como unha "OEP para reforzar",  é unha tomadura de cabelo.

Tendo en conta ademais, que o continxente de empregados/as públicos (excluídos docentes e persoal sanitario) somos ao redor de 20.000 persoas, a OEP 2014 representa un 0.25% do total de prazas da Xunta, o que nos da mostra da dimensión descomunal desta macrooferta. En definitiva, que aínda que permanecésemos todos/as vivos/as e sen xubilarnos/as, necesitaríamos uns 400 anos para repoñer o total de prazas da Xunta.

Non temos a seguridade tampouco de que vaia a executarse. Sabemos das mentiras deste goberno e da Dirección Xeral de Función Pública. Temos prazas sen convocar, especialmente de Promoción Interna, dende a OEP do 2008. É o caso da Escala de Veterinarios onde se "esqueceron" das 47 prazas de dita escala que figuraban nesa Oferta e agora convocan só 7 novas.

Xa está ben de xogar coas expectativas dos/as empregados/as públicos/as e de milleiros de persoas paradas que preparamos oposicións que logo nunca se executan.

 

1. ADMINISTRACIÓN XERAL   DISC 7%
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)    
- Escala técnica de finanzas 7 1
Corpo administrativo da Xunta de Galicia (Subgrupo C1)    
- Escala de subinspectores/as de consumo 3  
2. ADMINISTRACIÓN ESPECIAL    
Corpo facultativo superior da Xunta (subrupo A1)    
- Escala de Biólogos/as 9 2
- Escala de Químicos/as 3  
- Escala de Enxeñeiros/as Industriais 4  
- Escala de Veterinarios/as 6 1
Corpo facultativo de grao medio da Xunta (subgrupo A2)    
- Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais 7  
Corpo axudantes facultativos (subgrupo C1)    
- Escala de axentes facultativos medioambientais 10  
TOTAL 49 4
TOTAL XERAL 53