Nunha xuntanza mantida onte 5/11/2009 co director xeral de Función Pública comunicousenos o seguinte:

Oposicións A1

Función Pública quere coñecer a nosa opinión sobre este proceso. Advírtennos de que non van modificar as bases. Nos manifestámonos rotundamente en contra da modificación das bases. A situación na que desembocou este proceso selectivo é responsabilidade da Administración ao fixar un número de aprobados en vez dunha nota de corte en base ao número de preguntas correctas. Non é do noso agrado a situación de dito proceso selectivo pero a solución non pasa pola modificación das bases.

Tribunais

Queren coñecer a nosa opinión sobre este aspecto pero non van dar marcha atrás no relativo á non inclusión de membros propostos polas OOSS.

Manifestámoslle a preferencia da CIG polo sistema de sorteo para a configuración dos tribunais. Esta é unha reivindicación histórica da CIG.  Porén estamos dispostos a estudar e valorar as propostas que se nos fagan se se contempla este aspecto, aínda que mentres a Administración se reserve a potestade de nomear aos membros do tribunal consideramos que as OOSS deben propor a un dos vogais.

Datas Promoción Interna

A semana que ven estarán publicadas as datas dos exames. A PI ao C2 vaise retrasar un pouco debido a problemas de organización coa instalación dos ordenadores, pero sempre dentro do prazo previsto de novembro ou decembro.

OEP 2009

Van sacala co 30% das prazas para aproveitar a taxa de reposición actual, e a principios de ano sacarán outra co 15%, que é a taxa de reposición do 2010.

Concurso de Traslados de laborais

Se está á espera dunha sentencia do Tribunal Supremo que vai fixar o criterio sobre a polémica praza-posto. Se espera que a principios de decembro o TS dicte sentencia. Mentras se poden ir elaborando as bases para o grupo V.