A Administración comunícanos que a  investigación está case concluída e á vista do informe final a solución vai pasar pola exclusión dos opositores que cometeron fraude, incluír aos seguintes da lista e que continúe o mesmo tribunal. O proceso vai continuar. Na filtración estaría implicada unha empresa que organizou as oposicións neste ano e no 2007. Nuns días van dar a coñecer os resultados e van poñelos en mans da fiscalía, xa que hai indicios claros de delicto.

Os tribunais teñen a responsabilidade na custodia de documentos, e así llo fixemos saber, ainda que si se determina que finalmente a filtración procede dunha empresa allea á Xunta, habería que establecer, e non serían por tanto os tribunais, quen son os responsabeis políticos e administrativos de que isto sucedese.

A CIG comunicoulle a Función Pública que presentou xa unha denuncia ao Ministerio Fiscal, que é suplementaria da acción da Administración. É responsabilidade nosa poñer en coñecemento da Fiscalía todos os datos que obran no noso poder en relación a este caso. Valoramos positivamente que neste caso e Administración non se inhibira, como foi a regla xeral en tempos pasados, pero, voltamos a salientar, que deben establecerse responsabilidades políticas e administrativas. Se os resultados da investigación levada a cabo pola propia Administración son concluíntes e se demostra que o fraude se limita única e exclusivamente a cinco opositores a CIG pediría que continuase o proceso selectivo unha vez adoptadas as medidas oportunas para restablecer a limpeza deste proceso.