Non era sen tempo, dende a Dirección Xeral de Función Pública comunícannos que a eterna espera chegou ao seu fin. O día 17/11/09, a través da súa páxina web, fixo públicas as previsións correspondentes aos primeiros exercicios dos procesos selectivos de promoción interna de corpos xerais de persoal funcionario. Esta indefinición nas datas estaba a provocar malestar tanto no persoal funcionario coma nos servizos de persoal pola tramitación de permisos, vacacións e/ou licenzas. Confiemos en que nesta ocasión vaia á vencida e respeten finalmente estas "previsións".

PROMOCIÓN INTERNA
DATAS PREVISTAS 1º EXERCICIO
A1
venres, 29/01/2010
A2
venres, 29/01/2010
C1
sábado, 30/01/2010
C2
Non antes do 31/01/2010
(farase pública ao longo de decembro)