O día 19/11/09 a Dirección Xeral de Función Pública achegounos, para presentar alegacións, as listaxes de postos vacantes ofertados ás persoas aspirantes aprobadas nos seguintes procesos selectivos:

Agardamos as vosas opinións a través dos medios habituais ou no seguinte fío dos nosos foros.

Detalles dos postos ofertados:

  • Agrupación Profesional de Persoal Subalterno: son todas as vacantes actuais, que se ofertarían como destinos provisionais, agás as ocupadas en adscripción polos aprobados no anterior proceso selectivo.

  • Enxeñeiros/as Técnicos/as Industriais: nesta escala son suficientes os postos resultantes do concurso, polo que se ofertarían todos eles como destinos definitivos

  • Axentes Auxiliares de Inspección de Transportes: inclúense todas os postos vacantes existentes na actualidade, que de acordo co Convenio Colectivo, e tendo en conta que se trata da OEP do ano 2007, se ofertarían como destinos definitivos

  • Enxeñeiros/as de Montes: son suficientes os postos vacantes que existen na actualidade ata o nivel 25. Non obstante, excluironse aqueles vinculados á escala de investigación.

  • Enxeñeiros/as Técnicos/as Agrícolas: no caso dos enxeñeiros técnicos agrícolas, son suficientes os postos vacantes que existen na actualidade ata o nivel 22, unha vez eliminados aqueles compartidos coa escala de enxeñeiros/as agrónomos que xa foron elixidos por estos/as como destinos provisionais. Aínda que esta listaxe está en formato diferente, unha vez examinadas as alegacións enviaránolo en formato ordinario.

    Tanto da escala de Enxeñeiros/as de Montes como da de Técnicos/as Agrícolas, e tendo en conta a provisionalidade dos destinos, exclúense os destinos ocupados en adscripción provisional.