O día 5 de agosto de 2019 os delegados da CIG acompañamos ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais na visita para realización da avaliación de riscos laborais do centro de traballo da Xefatura territorial de Medio Rural en Ourense.

A maioría do persoal está de vacacións polo que non é posible realizar unha correcta identificación de riscos laborais no que participe o persoal de traballador nin se recollen as enquisas suficientes para que sexan representativas.

Este centro presenta o  síndrome do edificio enfermo, con risco para os traballadores pola combinación de compostos perigosos (CO, CO2 e RADON) con outros contaminantes biolóxicos(fungos e bacterias). Presenta problemas de confort térmico, espazo insuficiente, poucas  fiestras e escaseza de luz natural.

Atopamos deficiencias moi graves: como a falta de medidas de evacuación ou non aplicar o previsto no plan de acción previo. Rexistramos varios escritos dirixidos a xefatura coma ao servizo de prevencións de riscos esixindo solución a todos os problemas atopados.

Os delegados da CIG en Ourense reclamamos un edificio administrativo único, novo, operativo e funcional que remate co agravio comparativo respecto as outras provincias e solucione as carencias e deficiencias dos centros de traballo actuais.