Novas por contido

A Xunta presidida por Manuel Fraga elabora, en 1999, un proxecto denominado “Ourense cara ó novo milenio”, que tiña previsto o traslado do estadio de fútbol do Couto a una parte dos terreos de Bemposta.

O proxecto incluía a construción dun centro administrativo único da Xunta en Ourense, como no resto de provincias, cunha superficie prevista de máis de 3.500 m2.

No ano 2014, a Xunta de Galicia de Feijoo anuncia a paralización definitiva do proxecto de gran edificio administrativo nos terreos do campo de fútbol do Couto, unha actuación defendida nos anos 90 polo entón alcalde do PP en Ourense, Manuel Cabezas, e mais tarde polo goberno bipartito (PSOE e BNG) da cidade.

Agora mesmo o que temos é un edificio administrativo “plural”. Os traballadores estamos espallados en máis de 20 centros administrativos por toda a cidade. Todos con moitas deficiencias e carencias: locais sen luz natural, problemas de climatización, falta de espazo, humidades, vertidos, síndrome de edificio enfermo, sen medidas de emerxencia, con problemas de radon... Edificios que ademais incumpren a lei de accesibilidade universal. Ao que hai que sumarlle a ausencia de servizos como escola infantil onde os traballadores poidan levar os seus fillos, aula de formación en condicións, etc.

A Xunta “regala” os cartos en alugueiros de locais, reforma despachos dos xefes ou fai novos edificios no Gaiás. Cómpre un centro de atención aos cidadáns no que poidan presentar solicitudes, escritos e comunicacións, informarse acerca dos servizos ofertados ou recibir asistencia no uso de medios electrónicos os interesados que así o soliciten (tal como obriga a Lei 39/2015).

O 6 de novembro de 2018, xa pensando nas próximas eleccións locais, Feijoo comunícalle ao alcalde do PP en Ourense o obxectivo de acometer un “edificio singular” para albergar todos os servizos administrativos que presta a Xunta en Ourense: ”E para iso, os orzamentos do próximo ano xa recollen unha partida inicial que permita avanzar na súa tramitación...”

Onde teñen previsto facer este edificio? Seica está o alcalde buscando alternativas...

Será este outro proxecto condenado ao fracaso como o de Manuel Fraga? Ou máis fume electoral como o parque acuático?

Desde a CIG reclamamos á Xunta de Feijoo un proxecto de edificio real, operativo e funcional que remate co agravio comparativo respecto as outras provincias.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...