A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias de promoción interna aos corpos Administrativo (C1) e Auxiliar Administrativo (C2), correspondentes á OEP-2019 (que repesca a OEP-2018).

Como non, seguindo a liña marcada polo goberno da Xunta, seguimos sen ter uns criterios xerais e comúns a todos os procesos, polo que outra vez a dar bandazos. Nun primeiro vistazo observamos os seguintes cambios en comparación coas anteriores convocatorias (OEP-2017):

  • Fase de oposición: a maiores do ficticio exercicio de galego (que tamén cambia de modelo), unifican os outros dous exercicios nun só, divididos en duas partes.
  • Fase de concurso:
    • Desparece a puntuación por grao e traballo desenvolvido.
    • Incrementan a puntuación por antigüidade, pero en realidade diminuen o seu peso, xa que o máximo de antigüidade pasa de obterse en 25 anos a só computarse os primeiros 12,5 anos de servizos. Por tanto, a partir de 12,5 anos, todo o persoal vai ter a mesma puntuación. 

A CIG rexeita estas bases. Desexamos que non fora máis que un momento de alegría e recapaciten.

Corpo Total prazas Reserva discapacidade
C1-Administrativo (descargar borrador) 195 14
C2-Aux. Administrativo (descargar borrador) 52 4