Adiántanos  a EGAP que o vindeiro mércores vai publicar a convocatoria de formación para a preparación da Promoción Interna.

Despois da desfeita da última convocatoria na que unha empresa privada do sector se encargou desta tarefa, e en base ás continuas queixas da CIG; a propia EGAP vai organizar a preparación con persoal propio, pertencente aos diferentes departamentos da Administración que teñen competencia nos temas que forman parte dos diferentes temarios de cada grupo.

Tamén se vai a permitir a todo o persoal matriculado na PI (independentemente se foi admitido ou non ) que acceda á formación. Incluso van incluír a preparación de casos prácticos cousa moi demandada polo persoal opositor.

O que non farán será a preparación dos temas para aqueles grupos (como A1) que o teñan na convocatoria. Favorecerán os textos en galego, parece ser que sempre que haxa texto consolidado e con versión galega oficial.

Na CIG seguimos reclamando a interacción por parte dos docentes en lingua galega, cousa que comprometense a recordarlle ao persoal que imparta a formación.

Tamén se comprometen a intentar organizar cursos presenciais para o edificio administrativo do Ferrol, que quedaran de lado na primeira convocatoria deste ano (pendentes da reestruturación dos cursos organizados por vicepresidencia).