A EGAP está a impartir o actividade formativa FC20134 - Apoio á preparación do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no Corpo Auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

O primeiro exercicio do proceso selectivo consta de dúas partes: A primeira parte con preguntas relacionadas co anexo I do programa e unha segunda parte con preguntas nas que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes ofimáticos na contorna de LibreOffice 5.4.4 (folla de cálculo, procesador de textos).

Na actividade formativa impartida pola EGAP non contempla a preparación da segunda parte do cuestionario.

A EGAP conta dentro do seu plan de formación para o ano 2020 de actividades e cursos de formación con módulos específicos de LibreOffice:
OF20004 Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)
FC20075 Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)
OF20006 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)
FC20076 Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

A plataforma de formación da EGAP permite exportar estes módulos e importalos de xeito rápido e fácil a calquera outra actividade. 

Desde a CIG solicitamos hoxe por escrito a EGAP que engadan os módulos de formación sobre LibreOffice a actividade FC20134  e se faga unha titorización destes contidos.