No DOG do 07/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos.

O sistema selectivo será o de oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir seis (6) prazas.

Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados.

O sistema selectivo será o de oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir dez (10) prazas.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de licenciado ou grao en dereito na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

O sistema selectivo será o de oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir dezaseis (16) prazas.

Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

O sistema selectivo será o de oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir seis (6) prazas.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o título de licenciada/o ou graduada/o nunha titulación de calquera rama.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de orientación laboral.

O sistema selectivo será o de oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir centro trinta (130) prazas.

Titulación: Estar en posesión ou en condición de obter o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir sete (7) prazas.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

O sistema selectivo será o de oposición. O obxecto do proceso selectivo será cubrir vinte (20) prazas.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de bacharel ou equivalente e os carnés de tipo C e de tipo E. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se deixa sen efecto a Resolución do 10 de febreiro de 2023 (DOG núm. 35, do 2 de febreiro), que declaraba deserto o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, retrotraendo as actuacións á convocatoria realizada pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e abrindo un novo prazo para presentar as solicitudes.

Ábrese un novo prazo de vinte (20) días hábiles para presentar as solicitudes, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Dentro deste prazo as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente dirixida á Dirección Xeral da Función Pública, a través da plataforma FIDES (https://fides.xunta.gal).