A Dirección Xeral de Función Pública enviounos os borradores dunha nova rolda de procesos de funcionarización (correspondente á OEP-2022) do persoal laboral fixo das categorías que relacionamos embaixo, con prazo para que aleguemos ata o 6 de setembro.

Se é do teu interese, podes descargalos e contactar coa CIG.

 GRUPO   CATEGORÍA   ESCALA / ESPECIALIDADE 
I -> A1  4 (titulado/a superior)   Sen escala (corpos xerais) 
 6 (titulado/a superior psicólogo/a)   Psicoloxía 
 2 (titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra..)   Medicina 
 11 (titulado/a superior veterinario/a)   Veterinaria 
II -> A2  7 (titulado/a de grao medio)   Sen escala (corpos xerais) 
 20 (terapeuta ocupacional)   Terapia ocupacional 
 17 (asistente/a social)   Traballo social 
III -> C1  2 (encargado administrativo/a, xefe/a de administración, ..)   Sen escala (corpos xerais) 
 62 (oficial/a 1ª administrativo/a..) 
V -> AP  3 (ordenanza, ..)   Persoal subalterno