O director xeral de Función Pública convocounos a varias xuntanzas que serán o martes 19/09/23: Comisión de Persoal, Mesa Xeral de Empregados Públicos e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, coa seguinte Orde do día:

Para a Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, e votación en Comisión de Persoal

  • Relación de Postos de Traballo (RPT) da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Descargar

Para a Mesa Xeral de Empregados Públicos

  • RPT da Consellería de Política Social e Xuventude. Descargar
  • Convocatorias dos procesos selectivos de funcionarización do persoal laboral fixo da OEP-2022. Descargar
  • Modificación da orde de flexibilidade horaria por conciliación familiar (Lei de impulso demográfico de Galiza). Esta orde xa pasou por Mesa Xeral (17/03/23), pero decidiron retirar a bolsa de horas e volve de novo á Mesa. Descarga