No DOG do 20/09/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 30 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social.

Terá lugar no pavillón 1 do Recinto Feiral de Silleda o día 30 de setembro de 2023 en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza.

Terá lugar o día 30 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo agrupacións profesionais.

Terá lugar o día 30 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do único exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición.

Terá lugar o 1 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón número 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

- RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 1 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.