Función Pública vén de remitirnos a proposta de OEP 2023 correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral e das entidades instumentais do sector público autonómico.

Para seguir a tradición dos últimos anos, na documentación falta o anexo de postos. Interpelada Función Pública polo tema,  "enviarano entre mañá ou luns" Barreiro dixit.

Alegacions ata o vindeiro 31 de outubro ás 14:00 horas. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG. Descarga a proposta.