O luns 30 de outubro houbo Mesa Sectorial de Funcionarios para negociar as bases da convocatoria do concurso-oposición de axentes técnicos ambientais.

Destacamos:

• Recolleron moitas alegacións como valorar o tempo traballado en C2 e C1, pero quedan cousas sen resolver polo que teremos unha nova reunión e o período de alegacións é ata o xoves 2 ás 14:00 horas.
Van sumar a esta convocatoria ás 40 prazas que van propostas para a OEP 2023, chegando a un total de 96 prazas.
• Solicitamos que valoren aumentar a fase de concurso nas prazas de estabilización chegando a 60-40 na vez dos 80-20 actuais xa que se negaron a meter as prazas a estabilizar a través da DA 8ª da lei 20/2021.
A Dirección Xeral de Función Pública di que o asunto do grupo B “agora non toca”. E aínda que se convocan ao B se fai rebaixando ao C1. A partir de aquí xorden varias incongruencias difíciles de respostar, como quen se pode presentar a promoción interna?
E as persoas que agora aproben vanse ter que volver presentar a outro proceso cando se active o B?
Solicitamos ordenar todo e xa de paso que introduzan na oferta de 2023 a promoción interna separada comprometida no Acordo de 2016.

Tamén nos anuncia un concurso de traslados de axentes para xa. Irá coas bases xerais que se están negociando e de forma separada ao de corpos especiais tradicionais.