Na Comisión de Persoal do 15/11/23 quedaron aprobadas co voto en contra da CIG, a favor de CCOO e CSIF, e abstención de UGT, as seguintes convocatorias de procesos selectivos para persoas con discapacidade intelectual:
- C2-Persoal de servizos xerais (PSX): 4 prazas da OEP 2020. Descargar
- AP-Limpeza e cociña: 31 prazas da OEP 2020, 21, 22 e 23. Descargar
A CIG demandou a convocatoria mediante concurso-oposición, permitir a promoción interna horizontal e vertical de outras persoas con discapacidade intelectual, e unha revisión do temario que consideramos excesivo:
- En PSX, a parte común é máis ampla que noutras escalas de C2 para persoas sen discapacidade intelectual
- En persoal de limpeza e cociña, o programa, na súa totalidade, é o mesmo que o da convocatoria equivalente de persoas sen discapacidade.
Nota: despois de advertir o incongruente dos temarios nas alegacións escritas que presentamos e nas xuntanzas previas, o DXFP nos relata a toda velocidade na propia sesión en que tivemos que votar, unha serie de cambios nos temarios que polas súas formas nos resultou imposíbel de valorar. Así que o voto da CIG non tivo en conta estes cambios anunciados polo DXFP só un minuto antes de ter que votar.