O DOG do 5 de xuño recolle varias resolucións polas que fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas en varios procesos selectivos. A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a cada resolución.

Contra estas resolucións poderase interpoñer recurso de reposición nun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo en dous meses, contados ambos desde o día seguinte á publicación das resolucións no DOG.

  • Ingreso no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para ingreso no grupo I-004 do persoal laboral fixo. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no grupo II-007, de persoal laboral fixo. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no grupo III-002 e grupo III-062 de persoal laboral fixo. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no grupo IV-001 de persoal laboral fixo. Ir á resolución.