O DOG do 12/06/2020 publica a Resolución da DXFP pola que se acorda realizar as probas presenciais daqueles procesos selectivos que se estaban a desenvolver antes da declaración do estado de alarma.

As probas serían a partir do día 1 de outubro, e os procesos afectados son os seguintes:

  • Libre, A1, superior de finanzas.
  • Libre, A1, superior de sistemas e tecnoloxía da información.
  • Libre, A2, subinspección urbanística.
  • Libre, A1, enxeñaría agronómica.
  • Libre, A1, enxeñaría de montes.
  • Libre, A2, enxeñaría técnica agrícola.
  • Libre, A2, enxeñaría técnica forestal.
  • P.I., A1, superior de sistemas e tecnoloxía da información.
  • P.I., A2, xestión de sistemas de informática.
  • Libre, A1, enxeñaría de camiños, canles e portos.
  • Libre, A2, enxeñaría técnica de obras públicas.
  • Libre, A1, letrados.