No DOG do 16/07/2020 publican a Resolución pola que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de diferentes categorías e postos:

  • Ao corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1. Ligazón.
  • Ao corpo de xestión de Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2. Ligazón.
  • Ao corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, subgrupo B. Ligazón.
  • Ao corpo auxiliar de Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2. Ligazón.
  • Á escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario. Ligazón.