No DOG do 07/10/2020 publican o baremo definitivo da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Nunha segunda Resolución fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso, e dan un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación necesaria.