No DOG do 28 de outubro infórmase da realización dos trámites oportunos para publicar as listaxes de persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1.

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.