No DOG do 26/11/2020 anuncian as resolucións de numerosos procesos selectivos aos que se lles amplía o prazo para a realización do primeiro exercicio. Son os seguintes procesos:

  • Acceso libre para ingreso no corpo superior, subgrupo A1.
  • Consolidación para ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo.
  • Acceso libre para o ingreso no corpo de xestión, subgrupo A2.
  • Consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulado/a de grao medio, de persoal laboral fixo.
  • Acceso libre para o ingreso no corpo administrativo, subgrupo C1.
  • Consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III, de persoal laboral fixo.
  • Acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar, subgrupo C2.
  • Ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2.
  • Consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo.
  • Ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno.
  • Consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo.