No DOG do 26/05/2021 publican a ampliación, en vinte días hábiles, do prazo de realización do segundo exercicio das seguintes oposicións:

- proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo

- proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral, subgrupo A2

- proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral (subgrupo A2)

- proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral