No DOG do 07/06/2021 publican a data, hora e lugar de realización do primeiro exercicio:

día 12 de xuño de 2021, con horarios de chamamentos ás 8.50 e 9.15 horas, segundo a listaxe que publicará a Dirección Xeral da Función Pública na web corporativa o relativo ao proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro). Hai distintas sedes segundo o domicilio sinalado na solicitude.

día 12 de xuño de 2021, con horario de chamamento ás 8.50 horas, no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) o relativo ao proceso selectivo extraordinario de consolidación, para o ingreso na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro)