No DOG do 11/06/2021 publican varias modificacións dos anexos das convocatorias de funcionarización:

- modificación  do anexo da Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico

- modificación do anexo da Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico

- modificación do anexo da Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico