No DOG do 18/06/2021 publican a RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019, no que corrixen erros e fan públicas as puntuacións obtidas no primeiro exercicio.

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución do DOG.

As persoas que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente.