No DOG do 21/06/2021 publican a data, hora e lugar das seguintes oposicións:

-  o 3 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda, o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado por Orde do 7 de xaneiro de 2020

- o 3 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda, o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Orde do 7 de xaneiro de 2020