No DOG do 25/06/2021 publican diversos acordos en relación ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Anulan preguntas do primeiro exercicio da quenda libre e promoción interna e indican o número de persoas que acadaron a puntuación mínima. As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente.