No DOG do 25/06/2021 publican a convocatoria para a elección de destino provisional a:

-  as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG número 106, do 5 de xuño) e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG número 106, do 5 de xuño)

-  as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo) e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)

- as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)

-  as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo), e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo)