No DOG do 29/06/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019.

Entre outros acordos, publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estaren en posesión do Celga 4 ou o equivalente.