No DOG do 30/06/2021 publican a data, hora e lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019.

O primeiro exercicio da oposición terá lugar o 8 de xullo de 2021, en chamamento único que se inciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.